"QUERIDOS REIS MAGOS...
...Xa sei que me adianto un pouco, pero como estou a pasar por unha época de necesidade e fame, coido que é bastante razonable que este ano me traiades as cousas antes. Para que vexades que este ano fun bastante boa, e que xa non son unha egoísta, comezo pedindo os regalos que quero para os meus amigos (aínda que a eles podedes esperar a entregarllos en xaneiro, que non os necesitan agora).
Para Rita quero un boneco-Tuca personalizado (non vos preocupedes que se atopan fácil por internet, xa vos adxunto unha foto da Tuquiña)
Para Paco quero uns bonecos de bodas coma os que lles fixeron a esta parella india tan maja (tamén se encargan por internet, se preferides pidoos eu, pero vou necesitar o voso número de tarxeta de crédito)
Para a Tuca quero este colar tan chulo de gilipanes, que vaille quedar moi ben co chubasquero vermello que lle mercou Rita.
Para Pat estes bonecos do Michael Jackson, que sei que a ela lle gustaba moito (e dende antes que morrera)
Para Martro, estas bonecas que xa non me lembro como se chaman, (como as que lle regalamos a Patri polo cumple o ano pasado) que son moi típicas no Xapón (que xa que lle gustan tanto as Matrioskas, estas seguro que lle van encantar)
Para que Bea se desestrese tendes que lle traer este boneco vudú, non vos preocupedes polos alfileres que seguro que ten pola casa.
Para Angui, como Land Rover xa ten e barco tamén e un bebé tamén, este ano é mellor regalarlle os bonecos Daft Punk, que seguro que lle encantan (outra cousa é que Martro llos deixe colocar pola casa).
Para Alex, coma é un "pijo de la tecnología", pois uns usb molóns da guerra das galaxias.
Para tódolos peques da casa: Estela, Rubi, Martiño, Brais, Saleta e Buriña, uns coches vintage para que os poidan lucir na próxima feira do automobil antigo e de ocasión de Cesures.
Para Leti unhas libretas ecolóxicas para que apunte tódolos datos que obteña na planta piloto.
E para Rubén uns bonequiños de loitadors de loita (jejeje) libre, pero xa pintados.Para min e para Pinés só pido: calcetíns gordos, bragas, algunha que outra bufanda de laniña con gorro e guantes a xogo (que vai un frío por aquí), xerseis, unhas botas para a auga, uns cuantos chourizos e latas de conservas e espuma do pelo. Tamén necesitamos un bollitore para auga e leite (non como o último, que só era para auga e ó estrealo con leite...).
Non quero nada máis este ano. Xa vedes que non pido moito, volvinme minimalista, pero o que si é importante é que nolo traiades xa.
Moitos bicos para os tres.
Crisss"




















